¿Que pretende o plan?

  • Deseñar a Galicia do futuro, poñendo no centro o reto demográfico. Para iso, impulsaremos novas medidas de dinamización nunha sociedade máis avellentada.
  • Impulsar o modelo baseado na innovación e no capital humano para favorecer unha sociedade moderna, competitiva, solidaria e cohesionada social e territorialmente, con altas taxas de emprego.
  • Aumentar a produtividade, posicionando os nosos produtos por calidade e deseño, co fin de redundar en máis riqueza e benestar dos cidadáns.
  • Favorecer os nosos valores diferenciais como factores de desenvolvemento, entre os que destacan a lingua, a cultura e o medio ambiente; para facer de Galicia un lugar atractivo para traballar, investir e convivir.
  • Impulsar e coordinar as diferentes estratexias sectoriais da Administración autonómica a medio prazo.