O NOSO PLAN

Galicia foi pioneira en someter o seu desenvolvemento á planificación estratéxica. O traballo feito na última década tivo resultados claramente positivos para os cidadáns.

Somos a comunidade autónoma que máis progresou na última década, con maior crecemento da renda per cápita, e estamos no noso máximo nivel histórico de converxencia con España.

Hoxe Galicia crece máis e mellor, e avanza máis que o seu entorno. O reto agora é deseñar, coa axuda de todos, a Galicia que imaxinamos para a vindeira década.

O Plan Estratéxico 2021-2030 deseñará a Galicia do futuro.

¿QUE PRETENDE O PLAN?

  • Deseñar a Galicia do futuro, poñendo no centro o reto demográfico. Para iso, impulsaremos novas medidas de dinamización nunha sociedade máis avellentada.
  • Impulsar o modelo baseado na innovación e no capital humano para favorecer unha sociedade moderna, competitiva, solidaria e cohesionada social e territorialmente, con altas taxas de emprego.
  • Aumentar a produtividade, posicionando os nosos produtos por calidade e deseño, co fin de redundar en máis riqueza e benestar dos cidadáns.
  • Favorecer os nosos valores diferenciais como factores de desenvolvemento, entre os que destacan a lingua, a cultura e o medio ambiente; para facer de Galicia un lugar atractivo para traballar, investir e convivir.
  • Impulsar e coordinar as diferentes estratexias sectoriais da Administración autonómica a medio prazo.