O noso plan
Galicia foi pioneira en someter o seu desenvolvemento á planificación estratéxica. O traballo feito na última década tivo resultados claramente positivos para os cidadáns.
Somos a comunidade autónoma que máis progresou na última década, con maior crecemento da renda per cápita, e estamos no noso máximo nivel histórico de converxencia con España.
Hoxe Galicia crece máis e mellor, e avanza máis que o seu entorno. O reto agora é deseñar, coa axuda de todos, a Galicia que imaxinamos para a vindeira década.
O Plan Estratéxico 2022-2030 deseñará a Galicia do futuro.