Imagen

Presentación e documentos do plan

O proceso de elaboración do Plan Estratéxico 2022-2030 arrancou no mes de xullo de 2019 coa celebración de 18 mesas temáticas en torno a catro grupos de traballo para identificar os principais retos da Galicia da vindeira década. No mes de decembro celebrouse unha nova rolda de mesas de traballo para definir posibles liñas de actuación. Contouse coa participación de 600 expertos nos eidos de dinamización demográfica e benestar; medio ambiente e cambio climático; competitividade e innovación e cohesión social e territorial.